jueves, 15 de mayo de 2008

Unha nova vida

Cantas ganas tiña de verte
de abrazarte, de bicarte
de sentirte nos meus brazos
e do meu lado non alonxarte.

Pensaba en como serías
en como me mirarías
soñaba con que ese día
nunca o olvidaría.

Agora que te teño
e que formas parte da miña vida
con amor e agarimo
mímoche cada día.

Só lle pido a Deus
que non te alonxes do meu lado
que poida ver a túa sonrisa
que me alimenta a diario.

Quérote Noa, e sempre te querrei
enchíches a miña vida
como nunca o imaxinei
non me olvides, que a ti non te olvidarei.

Parrula

No hay comentarios: