miércoles, 28 de mayo de 2008

Castigo indiscriminado

A tronada xa se afasta.
A nai natureza mostrou o seu poder
fendendo a árbore como escarnio
para advertencia dos máis ousados.
No aire queda o cheiro a chamusco.
A bicicleta fiel, na lama tirada, sen reproches,
agarda que o seu paralizado amo a erga.
Dos salgueiros, as pingueiras van caendo
sobre a súa cabeza inmóbil.
O río vai cheo, marrón, embravecido.
A brétema baixa, anuncia a calma.
Humidade nos ósos e na alma,
cor gris no ceo e no pensamento.
A tronada xa se afasta pero el aínda treme.
-Non quero a túa luz, señora natureza.
Unha nai non atemoriza, calma;
non golpea, aloumiña.
Estou magoado por ti
e non permitirei que a ledicia entre en min.
Desprezo o teu Sol, “MAMÁ”.

¿Ou que?

No hay comentarios: