miércoles, 7 de mayo de 2008

Bases do Concurso

ORGANIZA: Dinamizadora da Sociedade da Información en Ponteareas.

PARTICIPANTES: Toda a poboación interesada atendendo a tres grupos de idade:

* Poboación infantil: 0-14 anos.
* Poboación adulta: 15-59 anos.
* Maiores: Máis de 60 anos.

TEMA: A temática será libre, tendo en conta que os temas non poden ser ofensivos, violentos nin que conteñan trazas de índole sexual, tanto nos relatos curtos coma nos poemas que se presenten ao concurso.

CARACTERÍSTICAS DA OBRA: a linguaxe das obras será o galego, non excedendo o relato curto de 40 liñas pero cunha extensión mínima de 10 liñas. O poema será como mínimo de 10 versos e como máximo 20 versos de rima libre. As obras deberán estar escritas en Times New Roman, tamaño 12.

PRESENTACIÓN DAS OBRAS: As obras remitiranse ao seguinte enderezo andrea.ponteareas@dinamiza.sociedadedainformacion.eu para a súa posterior incorporación no blog “Exprésome na Rede”. No asunto se debe especificar: concurso “Exprésome na Rede” e no interior aparecerán os datos persoais do autor (nome, categoría na que participa, idade, enderezo, teléfono e enderezo de correo electrónico). Axuntarase o relato cun título e asinado cun pseudónimo. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras (unha para verso e outra para prosa).

Non se publicarán as obras que non cumpran estas características.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Publicaranse todos aqueles relatos recibidos dende o 9 até o día 31 de maio. As obras serán orixinais e non poden ter sido publicadas con anterioridade en ningún outro medio ou soporte.

PREMIOS: Estableceranse tres premios para cada categoría consistente en material de oficina, libros ou material da Rede de Dinamización
O xurado pode declarar deserto algún premio se o considera oportuno.
O fallo do xurado publicarase neste blog antes do día 15 xuño.

XURADO: O xurado estará integrado por Angeles Fernández Lago, coordinadora do CIM (Centro de Información a Muller) de Ponteareas, Alberto Novoa Iglesias, Concelleiro de Novas Tecnoloxías do Concello de Ponteareas, e Andrés Sampedro Fernández Concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas.

NOTA: A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

No hay comentarios: