viernes, 30 de mayo de 2008

Un ladrón moi torpe

Chámome Inés. Vivo en Guachimachín, unha pequena aldea. Son de cabelos louros, coma o sol. Meu pai traballa en Pontecabra. Estrañoo moito.
Os meus veciños, Pablo e Marité, foron de vacacións.
Pero onte sucedeu algo moi estraño: Oín ruiditos que facían:
- ¡Pin, plan, pon, plantampón!
Saín á rúa e vin laguen entrando polo portal de Pablo e Marité. Era alto, dun metro oitenta, estaba ben gordo.
Pensei que sería o carteiro e deixeino en paz. Volvín para a miña casa a tomar o zume de amorodo.
Logo escoitei outro ruido molesto, como se romperan un cristal, e vin a porta dos veciños aberta. Entrei de puntiñas, sen facer nada de barullo.
Encontrei o mesmo señor que vira antes. Estaba rebuscando nun caixón vello e morriñento. Pregunteille:
- ¿Quen es? ¡Que buscas nese caixón? ¿Es amigo dos donos da casa?
Non dixo nada, pero colleu tal susto que pegou un salto e caeulle un cazo na cabeza e quedou atascado. Ao final sacou o casco da cabeza e ameazoume cun sacacorchos. Eu quiteillo da man e tireino pola ventá, e no sitio de sacacorchos púxenlle unha barra de pan.
Enfadouse moitísimo e entrou nun cuarto onde había un cofre brillante, limpo e grande.
Pensei un pouco e discurrín que sería un ladrón. Rapidamente chamei á policía. O ladrón deuse conta e empezou a correr, pero caeu polas escaleiras. Pronto chegou a policía e arrestouno.
Por eso miña nai di que son a súa pequena “axente”.
Cando vexa a Pablo e a Maite contareille o sucedido.
Relato nº2

No hay comentarios: