jueves, 15 de mayo de 2008

A historia do Augador

Dícese que fai moito tempo, na era mitolóxica, existían os gardiáns do Zodíaco. De entre todos eles estaba o Augador, o gardián de Acuario. A súa historia é tráxica.

Conta a lenda que unha vez o Augador paseaba pola beira dun río e colleu auga para encher o seu cántaro, como de costume. Cando dispúñase a encher a ánfora escoitou pasos detrás del. Cando se volveu, atopou a muller máis fermosa que coñecía. Os seus cabelos eran negros como a noite, de longa cabeleira. O seu rostro era como ver a Deus, posto que sentiu que estaba contemplando a unha deusa. Seguiuna camiño abaixo até que topou cunha fonte e alí volveu encher a ánfora e deulle de beber á fermosa muller. A muller bebeu e acto seguido el tamén. Ambos xuntaron as súas mans e riron, bicáronse, acariciáronse e o día parecía non ter fin. O río pronto estaría seco, xa que o traballo do Augador consistía en prover ó río de auga co seu cántaro, pero agora el estaba ocupado coa fermosa muller, desatendendo a súa labor. Chegou o atardecer e pronto escureceu e entón a muller empezou a trocar a súa face. O río secouse e ela confesoulle que era o espírito da auga. Rápido correron camiño arriba e topáronse coa fonte, da cal só caía un fío de auga, por onde ela meteuse e desapareceu todo rastro de auga da fonte. O Augador estivo toda a noite facendo esforzos inútiles para poder extraer auga daquela fonte. Desistiu e entón, todo ó seu redor quedou seco co paso do tempo. Os labradores morríanse de fame, porque as colleitas secábanse e tamén os animais por non poder beber.

O Augador volveuse frío como o xeo. A sensibilidade que amosara coa fermosa moza desapareceu coa fonte. Agora estaba máis seco co mesmo río. Entón cando as xentes daquel lugar suplicaban que volvera regar coa súa ánfora, el entre aquela multitude, pareceulle ver e escoitar a aquela ninfa do auga. Verte o teu cántaro, vérteo. El respondeu que non podía, xa que non había auga onde coller e logo baleirar nos campos. Confía en ti. Entón o Augador cando dispúñase a verter a ánfora baleira, dos seus ollos brotaron lágrimas, descoñecidas para el, e foi cando comprendeu que o auga que vertía era o seu choro tanto tempo retido, que ó caer ó chan floreceu todo ó seu redor. Volveron brotar flores, colleitas, saíu de novo a herba, e entón el riu vendo saír das súas lágrimas a figura da ninfa do auga.

Sigma

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un texto propio da literatura antiga. Refirome con exactitude a literatura greco-latina, ou en certo sentido a antiga literatura céltica.
Creo que é un bó expoñente desa literatura. Ademáis, sinto o ler ese toque máxico da literatura fantástica actual. O relato está preto dalgúns de autores de fantasía, pero tamén preto dos relatos máis fermosos do folclore galego.
Penso que é un texto con potencial aínda que lle falta extensión que lle dea a maxia da comprensión total do tema. Sen embargo, coido que é un dos mellores do concurso, e desexolle sorte a persoa que o escribíu.