viernes, 30 de mayo de 2008

A Fanni...

Non lle gustaba estar soa. Ela atopábase todos os días coa súa única amizade en Remesar, o seu pobo, que eran os libros. Aos seus doce anos lía libros de medo e aventura. O lugar que máis lle gustaba e onde mellor se sentía chamábase Peneda Redonda.

Un día de primavera ela atopábase nese lugar, pero non tiña ganas de ler. Encontrábase soa e nin sequera os seus libros a podían axudar. Tiña ganas de chorar e non se sentía nada ben. Cando estaba a punto de marchar oíu un ruído e asustouse moito. Decidiu marchar , pero cando o ía facer apareceu un lobo. Ela, morta de medo, correu. Aínda que, antes de marchar puido observar que o lobo non intentaba facerlle mal.

Ao día seguinte armouse de valor e volveu ir ó seu lugar. Ese día tampouco se podía concentrar, pero non por tristeza, senón por unha mestura entre medo e curiosidade. Facíase de noite, e cando xa perdera a esperanza de volver ver a aquel lobo, apareceu. Ela quedou quieta, morta de medo, pero non marchou. O lobo achegouse e saltou, pero non lle fixo máis ca lambela.Ela, moi contenta, agarimouno.

Desde aquel día Fani foi todos os días alí, pero non só para ler, senón tamén para atoparse co seu amigo. Nin Fani nin o seu amigo se sentiron nunca máis sos.

Rubi

No hay comentarios: