viernes, 30 de mayo de 2008

Hai dez anos...

...estaba eu na casa aburrido. Meu irmán díxome que fosemos xogar ó fútbol. Xogamos un pouco, pero logo aburrinme e deiteime no chan pensando qué podía facer.
Logo de moito pensar fun onda meu pai e pregunteille se podiamos ir á praia . El aceptou e collemos as cousas. Despois saímos cara a praia.
Chegamos sobre as tres e media da tarde e ó chegar meu irmán, miña nai e máis eu metémonos de cabeza na auga. Botamos una hora na auga.Ó saír comemos un bocadillo.
Despois fixemos un castelo na area. Un castelo que tiña catro torres, cunha cuncha a xeito de porta, e outras máis pequenas a modo de ventás.
Por último fomos un pouco á auga e despois marchamos. Chegamos á casa sobre as dez da noite.Ceamos e fun para cama.

Fame

No hay comentarios: