viernes, 30 de mayo de 2008

A feira da Barqueira

Na parroquia da Barqueira do Concello de Cerdido, celébrase a feira dende tempos inmemoriais.

A feira celebrábase sempre os días seis e dazasete de cada mes, se ben co paso do tempo o día dezasete deixa de celebrarse facéndoa só o día seis de cada mes. Era a feira da Barqueira , ó igual que outras da comarca, un lugar indicativo da economía local e comarcal xa que alí facíanse troques e todo o mundo viña a mercar ou vender productos das hortas, sendo o trato do gando (vacas, ovellas, porcos, etc…) o principal medio de vida das xentes da comarca. A última hora da tarde facíase o chamado paseo, onde as mozas e mozos, así como as parellas, disfrutaban del.

No mes de Novembro de 1991, nunha consulta feita polo Concello, os veciños acordaron que a feira do día seis pasara a celebrarse o primeiro domingo de cada mes, agás o mes de Xaneiro e Nadal que se segue celebrando o día 6 por ser festa nacional o día de Reis e o día da Constitución.

A data de hoxe a feira da Barqueira deixou de ser un referente da economía local, xa que as transacións son poucas. Non existe apenas gando e é a degustación e exaltación de productos típicos da zona o principal reclamo para que a xente acuda a ela.

Lobo

No hay comentarios: