jueves, 22 de mayo de 2008

Sentimento da miña alma

Oídeo ben os que me sucedades: Dende os quince anos, traballei para superar unha situación que o goberno nos creara coa súa tiranía, privándonos do medio de vida que tíñamos. Arrimei o ombro canto puiden para saír adiante e para que meu irmán adquirira un mínimo de coñecementos.

Cando el formou a súa propia familia e meus pais foron envellecendo, fun o home da casa.

Ca xubilación e o meu traballo, vivo independente pero cunha carencia grandísima de afecto, en función do meu interior que ten unhas demandas por riba do normal.

Tezo na miña soidade escenas que merecerían ser filmadas pola vida que os meus sonos lle imprimen.

Lin unha novela da Sª Lindo; trata o tema tal como eu o vivo(digo vivo, por dicir algo) pois vivir e loitar, como fixen para chegar aquí, sen carencias afectivas, que che turban a razón. Un doutor especializado, dixo que tiña a cabeza có mais privilexiado, nembargantes solo fan que poida durmir os tranquilizantes. Os desexos da proximidade dos que quero, que de momento non se poden resolver; non se mitigan para nada. Do único que to contenta e de que me inculcaran ese desexo tan grande de amor anque sexa inmolándome.

Esmeralda

No hay comentarios: