jueves, 29 de mayo de 2008

Un Poema

Un poema é unha forma de expresarse
sen medo, sen tensarse.
É unha forma de mostrar os sentimentos,
con alegría, con lamentos.
Utilízase tamén para divertir,
con risas, sen finxir.
E, en ocasións, para namorar,
con flores e un cantar.
Un poema nunca vai dañar,
so vai gustar ou disgustar.

Serea

2 comentarios:

Anónimo dijo...

a quien se lo dedicas ??a quien te refieres??niña que te conozco y tienes novio se lo dedicas a el o a alguien en especial

Andrea Pino dijo...

Administradora do blog:
Desexo comentar dúas cousas: a primeira é que o comentario supoño está errado pois a obra "Un Poema" non fai referencia a ningunha persoa en especial, así que lendo o publicado supoño que te refires a obra "Por el".
Segunda cousa a comentar: o concurso foi creado para que a xente poida expresarse libremente sen ter que mencionar a quen dedica o poema ou o relato. A obra pode estar baseada nos seus acontecimentos pasados sen ter porqué afectar iso a súa vida actual.
Permitín que apareza o comentario porque quero que se entenda que os comentarios deben ser positivos ou constructivos. Se desexas saber a quen llo dedicou, rógoche que llo preguntes en persoa, pero non a través desta bitácora que só ten como fin crear un concurso san, no que poder expresarse libremente.

Un saúdo e moitas grazas.