lunes, 21 de julio de 2008

Atraso na entrega de premios

Olá a todos e a todas:

Pido, antes de nada, desculpas pola desinformación á que os teño suxeitos/as.

Comentar que tanto os agasallos dos gañadores como o CD coas obras que se lle entregará a cada persoa que participou, serán enviados a partir do mes de Setembro debido os problemas que sufriu Ponteareas coa folga do servicio de Correos, as vacacións dos colexios e as vacacións próximas dos profesionais que fan posible que o CD saia a luz.

Se tendes algunha dúbida, enviádeme un correo electrónico a: andrea.ponteareas@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Un saúdo. Desculpade as molestias e sobretodo pola espera dos agasallos.

lunes, 16 de junio de 2008

Resultado do Concurso

Poesía Infantil
  • 1º Premio: A soedade
  • 2º Premio: Un poema
  • 3º Premio: Lugar Paradisíaco

Poesía Adultos
  • 1º Premio: O Tempo das Aciñeiras
  • 2º Premio: Unha nova vida
  • 3º Premio: Atopeime coa túa palabra

Poesía Maiores
  • 1º Premio: Mergullada

Relato Infantil
  • 1º Premio: A vida
  • 2º Premio: O libro amigo
  • 3º Premio: A bruxa ¿boa ou mala?

Relato Adulto:
  • 1º Premio: Depende
  • 2º Premio: A historia do Augador
  • 3º Premio: Pedro da Capela

Relato Maiores:
  • 1º Premio: Sentimento da miña alma

Noraboa os/as gañadores/as do concurso de relato curto e poesía "Exprésome na rede". Agradecer unha vez máis a todos e a todas, tanto participantes como membros do xurado, a súa colaboración nesta iniciativa, porque sen a vosa participación e colaboración, o proxecto non sería posible.

Os agasallos e os cds serán enviados tan axiña como a folga do servizo de Correos que sofre Ponteareas dende hai tempo remate. Pido paciencia a todos e a todas.

Unha vez máis, moitas grazas.

martes, 3 de junio de 2008

A mañanciña

!Bos días mañanciña doce, que me terás preparado pra hoxe!
Estou na miña cama ,quentiña,agostiño, saco a man e deixo co sol
mea quente.
Escoito os paxariños ,que fora festexan o novo dia, contentiños,
e moi alegres.
!Que alegría dan a mañá!
Pola fiestra chégame o arrecendo de madre selva , cerro os ollos
Disfruto do momentiño eu soia ,quero seu recordo ata noitiña
Miro o lonxe ,vexo os prados,as leiras,as miñas montañas,o regato
Que pasa pola eira, coa auga fresquiña, regando a eira.
Calo, escoito, o cuco ,a bubela e o paporrubio fan unha festa.
Cando me queira estar soa deixarme nesta terra,nela buscarei
Miña calma meu ben miña forza.

Cantarina

lunes, 2 de junio de 2008

A Coruña

A Coruña, A Coruña
terra de dozura
onde todos son felices
sen lugar a dúbida.

Os nenos medran ata o ceo
os maiores traballan para vivir
os inmigrantes buscan na Coruña
a alegría de vivir.

Na Coruña, na Coruña
pódese facer de todo
só tes que desexalo moito
e pechar os ollos.

A Coruña, A Coruña
terra onde eu nacín
carballiño que me criaches
meu amor está en ti.

A Coruña, A Coruña
eu dedícoche esta poesía
para que sigas vivindo
con esa alma tan pura.

Noela

viernes, 30 de mayo de 2008

Un monstruo chamado Paspán

Había unha vez, nun país de moi lonxe, un monstruo chamado Paspán que tiña un grave problema. O seu problema era que non tiña dentes, e todo aquilo que máis lle gustaba non o podía comer. Só podía comer papillas de búfalos e cousas así.
Un día decidiu sair a pasear, e como non facía máis que ver cousas moi ricas e deliciosas, tivo unha idea. Como se achegaba o Nadal, decidiu escribirlle unha carta a Papá Noel. Cando chegou á casa acendeu unha pequena vela, colleu un folio e unha pluma, abreu un bote de tinta e púxose a escribir. Na carta pedía un puñadiño de dentes. Ó rematar duchouse, comeu unha aburrida papilla e foi para a cama. Paspán soñou que Papá Noel lle traía os seus dentes nunha bolsa xigante. Papá Noel deixáballe a bolsa debaixo da súa cama. Cando o monstruo espertou non recordaba exactamente o que soñara, e buscou por todos os recunchos da casa menos debaixo da súa cama. Paspán xa estaba desesperado cando chegou a súa nai da rúa cunha bolsa na man dicindo que a atopara debaixo dun coche tapada cun pano amarelo. Paspán, todo contento, abreu a bolsa e viu algo blanco no seu interior. Cando viu que eran os dentes que el tanto desexaba, volveulle mandar unha carta a Papá Noel dicíndolle que estaba moi contento e dándolle as grazas. Pero o problema de Paspán non rematara aquí, porque ¿como ía por Paspán os dentes na súa boca?
O monstruo foi buscar a un cocodrilo amigo que se chamaba Lambón, e que en vez de porlle os dentes queríao comer enteiriño, sen asar nin nada. Paspán marchou correndo.
Foi entón a buscar a ra Risitas, que cando lle puxo o primeiro dente deulle un ataque de risa tan grande, que como non podía parar tivo que deixar de axudarlle porque coa risa non se daba concentrado.
O pobre Paspán xa non tiña ningunha esperanza de poder por os dentes que lle regalara Papá Noel. Decidiu gardalos nunha caixa ata que atopara un bo amigo que lle axudara.
Mentres seguiría comendo papillas, esperando con pacencia a poder por os seus novos dentes. Estaba seguro que pronto chegaría ese día, so tiña que esperar.

Relato nº5

A bruxa ¿boa ou mala?

Contase que hai moitos anos viviu unha bruxa na Serra do Courel. Chamábase Emperatríz e os seus veciños non a aceptaban porque pensaban que era mala, nunca falaban con ela, sempre a desprezaban, cando ía ó supermercado cobrábanlle demais, so polo feito de que pensaban que era mala. Pero ela non era unha bruxa mala, senón unha bruxa boa. Tan boa era que tódalas noites de Noiteboa deixaba un regalo en cada porta das casas da vila, e nas que había rapaces deixaba un xoguete. A mañá seguinte os nenos e a xente maior sempre pensaban que era Papa Noel.
Un ano Gabriela e Afonso, dous irmáns de 10 e 11 anos, que vivían na vila quedaron a mirar pola fiestra para ver a Papa Noel, pero non o viron a el , senón á bruxa repartindo os agasallos polas portas das casas.
Unha tarde cando a bruxa se dirixía o súa casa despois de ir ó supermercado, dous veciños da vila de mediana idade seguírona. Ela abriu unha porta que dirixía abaixo da terra, entre a maleza. Cando os dous homes volveron ó pobo contaron o que viran e entre todos quitaron a conclusión de que era mala. Os catro nenos non o crían e o seguinte día vixiárona cando foi ó supermercado e despois seguírona. Cando a bruxa abriu a porta cunha chave os nenos correron para que non se pechase pero foi en van. Gabriela sacou unha pinza do pelo e forzou a porta e os catro nenos entraron. Ó entrar acendeuse unha luz e viron todo moi colorido e con moitas flores e os catro pensaron que non podía ser como dicían os maiores. Un pouco máis adiante Alberte premeu un botón e abriuse unha porta,… era o cuarto da bruxa. Quedaron mirando e aparecéuselles a bruxa por detrás e díxolles
Bruxa - ¿ Qué facedes?
Gabriela- Pois é que os nosos maiores dixeron que vostede era mala, e nos non o creemos porque vímosche poñer os regalos nas portas das casas polo Nadal.
Bruxa- ¿ E que facedes aquí?
Alberte- Viñemos investigar se es boa ou mala.
Vanesa- ¿Es boa ou mala?
Bruxa- Son o que vos pensades.
Alfonso- Entón es boa.
Bruxa- Claro que son boa, ¿estades cansos? vinde beber.

Ó acabaren de beber ensinoulles a casa, por petición dos nenos, e deulles de xantar. Máis tarde levounos por uns pasadizos e foron saír a un inmenso xardín, alí a bruxa tiña un can, chamado Trosky, e unha gata chamada Misifú. Os nenos xogaron cos dous animais, miraron no libro de maxia. Logo a bruxa coa súa maxia regaloulles un ramo de rosas de cristal e un balón de coiro. Os nenos volveron ás 7 de tarde e os pais berráronlle porque estaban moi preocupados por eles. Os nenos contaron o que pasara e que lles deran aqueles regalos, e os pais viraron tolos e emprenderon camiño cara a casa da bruxa. Cando chegaron alí os nenos petaron naquela porta do chan, a porta abriuse soa e os pais dos rapaces asustáronse e botáronse un pouco cara atrás. Os cativos, sen medo, entraron e os pais seguíronos, acendeuse unha luz e os pais, ó ver aquel sitio tan colorido e con tantas flores, pareceulles raro. Porque as bruxas malas non terían aquelo como ela, tan colorido e con tantas flores.
Despois de falar coa bruxa e ensinarlles o seu libro de maxia, decatáronse de que a maxia que facía a bruxa era boa, logo de contarllo aos veciños todos quedaron aliviados, e en sinal de desculpa fixéronlle unha gran festa na praza do pobo e nunca máis tiveron conflictos. Dende aquel día deixáronlle de chamar bruxa e comezaron a chamarlle MEIGA e FADA.
Relato nº4

Dedicatoria

Esta poesía dedícolla á miña cadela para seguir recordándoa.

Cando aínda non morreras
ti eras todo para mín
eras a que me dabas cariño
a que me dabas amor
e cando me sentía soa nunca me abandonaches.
Aconpañaschesme toda a miña vida sen importarche quen fose
por iso che dedico isto
porque aínda que esteas alá enriba
sempre estarás no meu corazón
cadeliña do meu amor.

Cando a miña cadeliña morreu
sentía que se me rompía o corazón
sentía que o mundo no que vivía era un mundo triste
sentía que o mundo no que vivía era un mundo sen alegría.

Poema nº2