Mostrando entradas con la etiqueta Relato Curto Adultos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relato Curto Adultos. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de mayo de 2008

O secuestro dun bebé cagón

Un bo día Alfredo, o máis malo de todos os malos facendo o mal, ocorréuselle a brillante idea de
secuestrar a un bebé de familia rica, para pedir un rescate.
Ese mesmo día colleu súa furgoneta sen saber que os freos non funcionaban e precipitouse pola rúa abaixo a 100 Km por hora. Ao pisar o freo saltou o airbag e eschafouse contra unha casa. Nesa casa vivía a súa presa, Caquitón.Era un neno de dous anos que cando se asustaba facíase popó.
A nai de Caquitón chamábase Sesé, porque sempre que lle preguntaban algo contesetaba “Si,si”.
Esta muller tiña moi mal xenio, colleu a sarté e deulle ao pobre Alfredo con todas as súas forzas na cara. Cando a sartén impactou contra a cara de Alfredo sentiuse un forte “cataplán”. E a muller sentiuse doída pola perda da sartén nova.
Alfredo estivo tres meses no hospital, e tivo que pagar a casa, a multa de exceso de velocidade e, o máis importante, a SARTÉN.
Alfredo xurou que non se ía escapar, mais non había ser tan fácil.
Pero un día Caquitón escapouse da casa sen ser consciente de que en pouco tempo faríase popó.
Caquitón correu pola beirarrúa da súa casa, esvarou cunha tona de plátano, escapóuselle o cueiro e caeu de cu na cara de Alfredo, que pasaba por alí naquel mesmo instante. Caquitón levou tal susto que lle cagou na boca.
Alfredo, tras esta mala experiencia tívose que adicar a roubar gasolineiras. E sempre o pillan.
É que os malos nunca aprenden.

As pereiras

Era un neno fraco...

...que vivía en Orazo, unha aldea preto da Estrada. Tiña 15 anos e gustáballe moito xogar ao fútbol. Todos os días se levantaba ás 10 da mañá para ir a recoller a herba que segaba seu pai.
O seu pai nunca lle deixaba xogar cos seus compañeiros. Era un rapaz moi solitario e a súa roupa era toda vella e desgastada. Tiña unha irmá de 14 anos tamén moi solitaria e que ten que traballar moito.
Un día o rapaz escapou da casa e pasou días e días comendo herba do monte. De vez en cando comía landras como sobremesa.
Un día dentro dunha das landras que comeu apareceulle un bicho chamado Tomás.
O rapaz fíxose amigo do bicho, e por primeira vez sentiu que tiña un amigo.
O bicho era algo feo, pero o rapaz sabía mirar no interior.
O rapaz era bichosexual e namorouse do bicho.
Casounos unha perdiz chamada Tocallo.
De alí a catro anos o bicho morreu e ó rapaz deulle un infarto.
E esta tráxica historia rematou.

Ficticia

miércoles, 28 de mayo de 2008

A tesoira independente

A miña veciña ten sete anos e chámase Martita. Soe levar o pelo solto, aínda que súa nai ás veces ponlle coletas. Pero unha vez chegou á miña casa con apenas catro pelos sobre a fronte. Cando lle preguntei qué lle pasara díxome que esvarara e caera enriba dunhas tesoiras moi fedellas que había na súa casa. As tesoiras estaban abertas e “tras”, ao caer Martita sobre elas, pecháronse e cortáronlle o pelo. Non fora culpa dela.

Uns días despois apareceu con outro corte no pantalón: “Menos mal que era un pantalón que non me gustaba e que xa mamá me tiña que comprar outro- dixo convencida- Estas tesoiras moi malas son, andan a cortarme todo”

Os días seguintes foi o pelo do can, unha división do libro de mates que se lle resistía, o pelo das monecas…”É unha tesoira moi independente”, dicía Marta cando lle berraba súa nai.

A véspera da voda da súa tía, Martita apareceu outra vez co pelo cortado, esta vez si que a fixera boa. Cando lle preguntei qué lle pasara contestoume “Desta, a tesoira independente si que se pasou”

O neno pobre

jueves, 22 de mayo de 2008

Depende

Non sabía por que estaba alí. Ben, si o sabía: para un tratamento biolóxico dunha enfermidade autoinmune. O caso é que non sabía se era certo iso de que a sorte non vén, que hai que buscala. Tamén aquilo de que se queres estar san, tés que ser feliz. Porque se es feliz aumentan as túas defensas, e se aumentan as túas defensas, como é lóxico tés o corpo defendido incluso de enfermidades tan serias coma a que ela padece e outras que non merecen ser nomeadas, por arrepiantes e fatais.
Por suposto, se non tés ningún destes problemas tamén es máis FELIZ…e así sucesivamente.
Os libros de “autoaxuda” insisten en que, ante o mesmo problema, dúas persoas cun diferente enfoque da vida, senten e reaccionan de forma moi diferente: uns positivamente e outros negativamente. É dicir, que cadaquén ten a chave da súa felicidade.
-¡E un corno de vaca do país! (con perdón para os rumiantes).
Cada un sente e padece como a súa nai natureza lle da a entender, e como os seus xenes lle ditan. Seguramente algún científico dirá que tamén o que padece ten a culpa da súa herdanza…Falar non ten cancelas.
-¡Outro corno para eles! (sen perdón).
Eu quedo coa sabedoría popular reflectida nos refraneiros: “Uns nacen con estrela e outros estrelados” que actualizado sería: “Uns navegan por internet á procura de diversión e outros polo Océano Índico á procura do ATÚN".
-¿E quen é máis feliz dos dous? ¿Ti que dis?
-¡¡DEPENDE!!- contesta o enfermeiro.
-¿De que depende?
- ¡Home! Din que é máis pobre non o que menos ten, senón o que moito ambiciona.
-¡Cómenche os miolos, galeguiño! Pois eu diría que hoxe, venres pola tarde, seguro que che había gustar máis estar na túa casa ou nun ¿¿CONGRESO?? coma os médicos no canto de estarme chuzando a min. ¿Non si?
- Cala, que estou doente. Agora que sacaches o tema… bla, bla, bla…Pero ¡que lle vas facer!: A vida é así. ( Se xa o dicía eu: outro queimado que practica a autosuxestión para ir tirando).
-A túa, enfermeiriño, a túa. E dígocho desde o aprecio que che teño, que non é por nada. Xa sabes que a min non me gusta meterme na vida dos demais.
-Xa, xa. Ti tamén tés unha boa retranca. Non sei de onde es pero… desde logo, de Ponferrada non pasas.
“¿Ou que?”

miércoles, 21 de mayo de 2008

Pedro da Capela

Pedro da Capela nacera no ano 1870 na Capela da Madalena da Vila de Arzúa e na mesma vila vivía dende entón. Home xusto e de principios Pedro nunca facía nada que fora anormal. Era un home relixioso e bo, polo que ninguén o quería mal. Certo día Pedro foi de pesca ó río Iso. Viu alí que un home que semellaba un peregrino parecía buscar algo preto dunha rocha no río. Pedro esqueceuno e seguiu ó seu. Xa era case media maña cando o peregrino tornou a aparecer, pero non era un peregrino. Era un inglés que cun papel na man buscaba algo no lugar. Pedro como persoa ben ensinada deulle os bos días. O home a súa vez cunha educación exquisita deulle tamén os bos días. Comezaron unha conversa na que comezaron a falar do que aquel home procuraba por alí. O home mirouno detidamente coma se non se decidise a falar. Pedro non porfiou. Logo de recoller as cousas e ter pescado tan so cinco troitas e un peixe, o home se lle achegou e dixo: -Non teño cartos para pagarche pero se me das o peixe para comer digoche o que estou a buscar nesta vila.
Pedro sopesou o negocio e como home relixioso deulle o peixe. Á noite seguinte cando Pedro xa case o esquecera sentíu un son que chegaba da palleira. Pedro baixou alí atopando ó home alí. O home pediulle desculpas a Pedro e seguidamente contoulle que era o que buscaba. Facía moitos anos un corsario logo de asaltar os barcos piratas berberiscos chegou cun gran tesouro a aqueles lugares. O capitán e dez mariñeiros levaran o ouro ata esa vila. Como o inglés tiña que tornar o seu país deulle o caderno co mapa e as instruccións a Pedro. A noite pasou e o día naceu cun fermoso sol, o inglés partira xa, e Pedro atopou o caderno que medio durmido meteu por dentro da camisa preto do peito. Pedro observou os debuxos e as palabras que alí aparecían. O primeiro, unha pedra erguida coma un dedo sinalando o ceo, e xunto a ilustración unha frase “Dende aquí o mosteiro dos cabaleiros que están a durmir”. Pedro meditou e acadou a resposta. A seguinte pista era unha frase moi ilustrativa “En fronte o Escudeiro de escudo gastado, mirando dende o león e a estrela, tras as letras da mensaxe. Alí atoparas o camiño ó lugar onde está o prezado ouro”. Pedro non atopaba a resposta, e só a atopou cando o cura da parroquia lle pedíu que oficiase de sacristan seu na misa que oficiaba tódolos anos na Capela da Madalena. Foi entón durante o oficio relixioso cando descubríu a resposta. Dous meses despois Pedro entregoulle o cura en segredo dous obxectos, un deles era unha fermosa cruz de prata, o outro unha cunca ouro con filigrana de prata e unha gran maxestosidade. Pero Pedro segundo o cura deixara un obxecto onde estivera todo o tesouro e que non se atrevera a coller. Un obxecto que tiña un pergamiño coas verbas “Daqueles Cabaleiros do Mar que unha vez nel navegaron. Espera o novo herdeiro, o dourado cabaleiro, que na súa man con honor o levará.”. O cura dicía: - Ese obxecto aínda está esperando a que alguén o colla, podes ser ti ou o teu fillo, e de seguro que os acadará moitas riquezas, e entregará dons que poucos homes poden acadar. Polo tanto homes coma nenos poden aínda tratar de buscalo, aínda que o caderno se perdeu, pois as pistas no conto dan unha boa indicación.

Adanamarth

jueves, 15 de mayo de 2008

A historia do Augador

Dícese que fai moito tempo, na era mitolóxica, existían os gardiáns do Zodíaco. De entre todos eles estaba o Augador, o gardián de Acuario. A súa historia é tráxica.

Conta a lenda que unha vez o Augador paseaba pola beira dun río e colleu auga para encher o seu cántaro, como de costume. Cando dispúñase a encher a ánfora escoitou pasos detrás del. Cando se volveu, atopou a muller máis fermosa que coñecía. Os seus cabelos eran negros como a noite, de longa cabeleira. O seu rostro era como ver a Deus, posto que sentiu que estaba contemplando a unha deusa. Seguiuna camiño abaixo até que topou cunha fonte e alí volveu encher a ánfora e deulle de beber á fermosa muller. A muller bebeu e acto seguido el tamén. Ambos xuntaron as súas mans e riron, bicáronse, acariciáronse e o día parecía non ter fin. O río pronto estaría seco, xa que o traballo do Augador consistía en prover ó río de auga co seu cántaro, pero agora el estaba ocupado coa fermosa muller, desatendendo a súa labor. Chegou o atardecer e pronto escureceu e entón a muller empezou a trocar a súa face. O río secouse e ela confesoulle que era o espírito da auga. Rápido correron camiño arriba e topáronse coa fonte, da cal só caía un fío de auga, por onde ela meteuse e desapareceu todo rastro de auga da fonte. O Augador estivo toda a noite facendo esforzos inútiles para poder extraer auga daquela fonte. Desistiu e entón, todo ó seu redor quedou seco co paso do tempo. Os labradores morríanse de fame, porque as colleitas secábanse e tamén os animais por non poder beber.

O Augador volveuse frío como o xeo. A sensibilidade que amosara coa fermosa moza desapareceu coa fonte. Agora estaba máis seco co mesmo río. Entón cando as xentes daquel lugar suplicaban que volvera regar coa súa ánfora, el entre aquela multitude, pareceulle ver e escoitar a aquela ninfa do auga. Verte o teu cántaro, vérteo. El respondeu que non podía, xa que non había auga onde coller e logo baleirar nos campos. Confía en ti. Entón o Augador cando dispúñase a verter a ánfora baleira, dos seus ollos brotaron lágrimas, descoñecidas para el, e foi cando comprendeu que o auga que vertía era o seu choro tanto tempo retido, que ó caer ó chan floreceu todo ó seu redor. Volveron brotar flores, colleitas, saíu de novo a herba, e entón el riu vendo saír das súas lágrimas a figura da ninfa do auga.

Sigma